Mostrando entradas con la etiqueta Hortas na cidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Hortas na cidade. Mostrar todas las entradas

27/1/10

Os impulsores das hortas urbanas de Feáns estudian extendelas a solares sen uso

El Ideal Gallego
25/01/10
A Coruña

R.L. > A Coruña

Hai só uns meses un colectivo de arquitectos, Desescribir, planteou a creación de hortas urbanas no val de Feáns. Coa proposta, que se incluía dentro do ciclo “A Cidade dos Barrios”, promovido polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, ofrecían unha solución á falta de aproveitamento dunha terra que algún día suministrou a media cidade. Baseándose na mesma idea, agora, os arquitectos non descartan facer o mesmo con solares “que se van desenrolar no futuro” pero que por agora non teñen ningún uso definido.

Felipe Riola, un dos membros do colectivo, apunta como posibles ubicacións espazos baleiros do Castrillón u Os Castros. Non se olvida tampouco de barrios como Os Rosais, en concreto a parte de atrás dos edificios. Fala en todo momento de algo temporal porque é consciente de que en cinco ou seis anos o panorama da zona será moi diferente ao actual.

Non se descarta imitar a acción en territorios coas mesmas características que Feáns, é dicir, barrios eminentemente rurais nos que algún día se cultivou de maneira extensiva. A parroquia de Elviña é o primeiro no que pensan os arquitectos.

A filosofía da idea é plantar cara aa urbanismo desenfrenado e posibilitar aos cidadáns o uso de espazos abertos que actúen como puntos de encontro. Segue a liña de iniciativas que, aínda que veñen de lonxe -en países como Francia ou EEUU está moi extendido o uso de hortas urbanas-, xa se levaron a cabo en lugares como Santiago. É verdade que a posibilidade que agora se plantexan os arquitectos supón un paso cara adiante e quizáis máis sorprendente para os propietarios que o anterior.



Os arquitectos visitaron os terreos en compañía dalgúns veciños de Feáns patricia g. fraga




Autoxestión > O papel de Desescribir no proxecto das hortas urbanas vai máis alá do que se pretendía nun primeiro momento. “Seguimos vinculados ata que se complete o proceso de formación da asociación”, explica Riola. Será precisamente a posta en marcha desta o paso definitivo cara a autoxestión, que se levanta como un dos principios fundamentais do plan.

Tras o parón do nadal, nestes momentos xa se ultiman os detalles xurídicos que posibilitarán o comenzo da actividade nas hortas a principios do mes de febreiro. Nese momento, a Asociación de Usuarios do Val de Feáns tomará o mando no que se refire á organización dos terreos, así como ás prácticas que se realicen.

Funcionamento > O funcionamento das hortas, que en todo caso serán explotadas de maneira ecolóxica, será gradual, xa que a gran demanda dun espazo de terra que se rexistrou non permitiría que todos empezasen ao mesmo tempo. Así, como explica Riola, durante os primeros días do próximo mes poderían empezar a traballan unhas 25 persoas para, pouco a pouco, incluír a un grupo novo na actividade.

A idea bautizada como “Hortas na cidade” está plantexada para que teña efectos tanto sobre a vida dos residentes no centro da cidade como dos vecinos do propio núcleo de Feáns. Os promotores cren que os coruñeses pasarán a contar cun lugar de esparcimento máis que lles permitirá variar as súas axendas de ocio. Ademais, Feáns poderá beneficiarse do que supón ser un lugar visitado e transitado.

Por que non, os residentes poderían incluso ver como melloran as súas conexións, como se soluciona a escasez de buses ou as malas estradas.

14/12/09

As primeiras hortas urbanas de Feáns ocuparán 7.400 metros


La Opinión de A Coruña
04/12/2009
A Coruña

Os veciños da zona ceden de forma gratuita os terreos, nos que 25 persoas solicitaron practicar a agricultura como afición

O soño de moitas persoas de practicar a agricultura como afición pode materializarse xa en Feáns, onde os veciños cederon 7.400 metros cadrados para a iniciativa Hortas na cidade. Ata agora son 25 os inscritos nesta actuación, para a que non se precisa ningunha experiencia nos labores agrícolas e que se leva a cabo por parte do Colexio de Arquitectos


JOSÉ MANUEL GUTIÉRREZ A CORUÑA A iniciativa Hortas na cidade, que ten como finalidade promover a práctica da agricultura con fines recreativos, conta xa con 7.400 metros cadrados cedidos para este uso polos veciños de Feáns e con 25 persoas inscritas como solicitantes dunha parcela.

O traballo feito nas últimas semanas polo colectivo de arquitectos Desescribir forma parte do proxecto A cidade dos barrios, impulsado pola delegación coruñesa do Colexio de Arquitectos de Galicia e dirixido polo estudio de arquitectura MMASA. Tras os contactos establecidos cos veciños do val de Feáns e a visita realizada polos primeiros interesados en cultivar unha horta nesa zona, os promotores desta actuación deron onte conta dos resultados obtidos ata agora.


Interesados en el cultivo de las huertas, junto a la caseta para herramientas instalada en Feáns. / c. pardellas

As máis de 2.000 visitas contabilizadas en só dúas semanas polo blog aberto polos responsables de Hortas na cidade é un reflexo do interese que suscita a posibilidade de dispoñer dunha pequena porción de terreo na que practicar as habilidades como agricultor.

Felipe Riola, un dos membros de Desescribir, explicou que os inscritos nesta iniciativa son persoas de moi diferentes características, tanto xente nova como maiores e con experiencia agrícola ou cunha carencia absoluta de coñecementos sobre este traballo. O arquitecto detallou que as parcelas serán cedidas de forma totalmente gratuita e que o seu tamaño variará entre os 40 e os 60 metros cadrados, xa que algunhas delas serán cultivadas de forma colectiva por familias ou grupos de amigos.

Na actualidade xestiónase a constitución dunha asociación de usuarios destas hortas, cunha superficie que se confía en incrementar no val nos próximos meses.

3/12/09

Conclusións do obradoiro Hortas na cidade.

Hoxe serán presentadas as conclusións do segundo obradoiro do colectivo de arquitectos desescribir, Hortas na cidade. A iniciativa desenvolveuse en Feáns, no val de Mesoiro, coa intención de conservar e promover a riqueza agraria degrada a paso de xigante nos últimos anos.

Tras a exposición das conclusións, o xeográfo portugués Alvaro Domingues impartirá unha conferencia sobre o encontro entre o rural e o urbano.

Sede da fundación Caixa Galicia (Cantón Grande 21-24, A Coruña)
Xoves 3 de decembro ás 19:30