La Opinión de A Coruña
20/10/10
A Coruña
Redacción / A Coruña
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, recoñeceu onte, tras a inauguración da reforma da sede da Real Academia Galega, que a Xunta aprazará a construcción da residencia universitaria para o próximo ano. "Estaremos nin periodo de reflexión sobre os proxectos do complexo residencial e o executaremos no exercicio de 2011", apuntou o popular.
O responsable de Infraestruturas recordou que o Goberno galego asumiu o compromiso de "crear unha residencia pública" despois de comprobar que o proxecto elaborado pola Xunta do bipartito "tiña grandes deficiencias" e asegurou ter a intención de "resolver esa cuestión unha vez estea resolto o problema urbanístico".
O pasado xoves, porén, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, indicou que non podía dar unha data concreta para a adxudicación do proxecto da residencia universitaria "para non dicir unha mentira se despois non se cumpre". Aínda que si asegurou que "o proceso de adxudicación está aberto desde hai tempo e a punto de terminar".
No hay comentarios:
Publicar un comentario