20/10/10

Hernández apraza o proxecto da residencia universitaria ata 2011

El Ideal Gallego
20/10/10
A Coruña
M. Pérez > A Coruña
Hai meses que a Xunta e a Universidade dirimen o futuro da residencia universitaria de Elviña e non hai tanto -menos dunha semana- que o reitor, José María Barja, asegurou que non se avanzara ao respecto. Pero onte o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, confirmou que será en 2011 cando "arrancará" o proxecto. Os traballos, que dependen do Instituto Galego de Vivenda e Solo (o IGVS) -e este á súa vez da consellería que dirixe Hernández-, encóntranse actualmente en fase de adxudicación. Tras coñecer a noticia, o vicerreitor de Infraestruturas, Xosé Lois Martínez, lamentou a demora e achacouna aos "tempos da administración política".
Hernández xustificaouse onte asegurando que na actualidade están analizando "a mellor forma" de levar a cabo o proxecto, que ten defectos "herdados" do anterior goberno.
Está previsto que a nova estrutura poida albergar cerca de 600 alumnos, pero desde a entidade educativa aseguran que de non contar con ela, o campus coruñés xogaría en desventaxa con respecto a outros de Europa, especialmente este ano que entra en vigor o Plan Boloña.
A entidade educativa e o Executivo autonómico asinaran un convenio o pasado mes de xullo segundo o cal o propio campus sería o encargado do mantemento da futura obra, pero desde entón non se soubo nada máis ao respecto. Os responsables universitarios xa manifestaron en diversas ocasións que a tardanza ía en perxuízo do servizo que ofrecen aos alumnos e supoñía un problema a moitos niveles. Un deles é a concesión do Campus de Excelencia Internacional, un proxecto ao que a entidade educativa se presentou o curso pasado e que lle foi denegado. Fontes cercanas á educación superior na cidade aseguran que é difícil que se conceda este galardón á única universidade de España que non conta cun aloxamento público para os seus alumnos.
Martínez xa recordou hai meses que "cada día que se retrasa é un perxuízo", tanto para a cidade como para o sistema universitario de Galicia en xeral. Ao mesmo tempo, a vontade dos responsables do campus de contar cada ano con máis estudantes estranxeiros podería verse frenada, xa que moitos deles non elixirían un recinto no que non puidesen pernoctar de manera gratuíta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario