11/5/11

San Vicente e Castro en Elviña: Á sombra das facultades

La Opinión de A Coruña

09/05/2011

A Coruña


A Creación da Universidade da Coruña a comezos dos anos noventa modificou dun modo radical a vida dos habitantes dos núcleos de San Vicente e Castro de Elviña, dúas zonas rurais que ata entón viviran case á marxe da cidade pese á súa proximidade ao casco urbán.


José Manuel Gutiérrez / A Coruña


A construción das escolas de Aparexadores e de Arquitectura foi, antes da aparición da propia Universidade, un avance de no que acabaría convertíndose esta parte do municipio, hoxe cuberta de centro docentes e de vivendas destinadas a aloxar miles de estudantes, que se distribúen de forma desordenada pola ladeira do monte da Zapateira.


A falta de control sobre esta zona permitiu que ao longo dos últimos anos un bo número de fincas se transformasen en residencias para estudantes de carácter ilegal e que ofrecían aloxamento en galpóns de tamaño reducido e en condicións precarias, en ocasións adosados a vivendas nas que moraban os arrendatarios. Este fenómeno é unha consecuencia da carencia dunha residencia pública universitaria na cidade, na que o proxecto posto en marcha polo anterior Goberno autonómico quedou paralizado.


Núcleo de Castro de Elviña, cos edificios universitarios ao fondo. / Víctor Echave


Esa iniciativa, que fixo necesarias expropiacións en Elviña, xerou unha intensa polémica entre os afectados. A relación entro os dous antigos núcleos rurais e a Universidade é precisamente unha das procupacións de ambas partes, que destacan a necesidade dunha convivencia harmónica que respete os seus respectivos intereses.


Os veciños laméntanse do escaso eco que teñen as súas peticións no Pazo Municipal, ondo ao longo dos últimos anos intentaron sen éxito entrevistarse co alcalde para mostrarlle as súas reclamacións. Entre as que efectúan ao Concello coruñés se encontra a necesidade de efectuar limpezas e trabllos de mantemento periódicos nas gabias e camiños da zona, así como a construción de redes de canalización das augas pluviais para impedir que as estradas se aneguen na época da forte choivas.


Tamén esixen os residentes en San Vicente e O Castro a instalación do alcantarillado nos puntos que carecen deste servicio, ademais da renovación do asfaltado para eliminar os baches nas vías que recorren o barrio.


En relación co tráfico, os veciños advirten da necesidade de que se instalen señais ou bolardos que impidan o estacionamento de vehículos en camiños peatonais que na actualidade se ven invadidos polos numerosos coches e motos que acuden aos centros docentes de Elviña e A Zapateira, as dúas zonas nas que se divide o campus universitario.


Que piden os veciños?



O barrio


As anteriores eleccións


As propostas dos partidos


18/4/11

Hai que sentarse e encerrarse ata chegar a un acordo sobre a residencia

El Ideal Gallego

A Coruña

17/04/2011

Antonio Abril Abadín, Presidente do Consello Social


Sen estridencias. Antonio Abril non é un político. Non promete, reflexiona. Realista e dotado dunha capacidade de análise avalada ploa súa traxectoria, autodefínese como unha persoa "de perfil baixo". É evidente que chega á institución para sumar. Manexa datos e números coa precisión de quen leva toda a vida facéndoo, baseñandose en feitos e non en sensacións. Porén, tampouco renuncia no seu discurso ás intencións. Desde un despacho no que predomina a orde frente ao caos, defende ao Consello Social, onde manda, pero tamén á Universidade e, sobre todo, aos universitarios. Enamorado de Bolonia, cre nunha excelencia real. Económica, xestora, pero sobre todo, educativa.




Entrevista de M. Pérez


[...]


Dá a sensación de que os enfrontamentos entre os reitorados polas titulacións teñen que ver máis con posturas de cada unha das cidades máis importantes de Galicia que coa asunción da realidade económica e social do país.


- Fálase, cada vez máis, dun SUG (Sistema Universitario Galego). Todo isto, tendo en conta os localismos que aínda existen en moitas áreas.

- Sempre digo o mesmo: o localismo é algo co que hai que convivir, aínda que non necesariamente aceptalo. Non ten por que ser un problema se os sistemas funcionan de maneira adecuada, refírome aos sistemas de coordinación do interese xeral. Hai varios, unha Consellería de Educación, unha comisión...

- Pero cada un barre para casa.

- É lóxico que cada reitor mire polos seus intereses. Coñézo ben os tres e teñen un claro sentido do interese xeral.

- Por iso non hai unha facultade de Madicina. Interesa?

- Non o expoñería en termos de interese, non é que non interese. Se a min me preguntan se me interesa, evidentemente diría que si. Pero como calquera outra cousa que enriqueza o mapa de titulacións. O que pasa é que, como dixen antes, temos a obriga de ser realistas e ser responsables.

- Ou sexa, que non conven.

- Neste momento hai unha facultade. O que procede é sacar o máximo partido desa situación, dos hospitais universitarios. Medicina non é neste momento unha prioridade realista.

- A semana pasadapresentouse o "Campus T". É tan importante conseguir o Campus de Excelencia?

- É bo. É unha experiencia que vai sacar moito partido da anterior. Preséntase un proxecto máis concreto, máis centrado nas fortalezas da UDC e que obteña o resultado que obteña, vai ser positivo. Hai que recordar tamén que xa estamos no Campus do Mar, en VIgo.

- É condición sine qua non a residencia para lograr ser excelentes.

- Faríanos falta , se non unha parte importante. A residencia é algo imprescindible, pero no só polo Campus de Excelencia, senón porque globalmente, unha residencia pública aporta homoxeneidade a unha universidade pública. É difícil lograr esa mobilidade que se pretende se non temos unha residencia pública. Dificultamos o cumprimento dos preceptos de Bolonia, sobre todo.

- Estase a tempo?

- Perdimos moito tempo e é unha responsabilidade tanto da Xunta como da UDC o que se faga a mellor posible no menos preazo de tempo posible. A prevista antes non se pode facer, pero hai que facer un esforzo e renunciar a algunhas aspiracións lóxicas para poder sacala adiante.

- Que foi o que pasou para que agora esteamos así?

- Acordouse un proceso e despois houbo un cambio de goberno que non aceptou o pacto que habia. Ademais cambiaron as circunstancias da economía. O novo goberno entendeu que o proxecto no era viable e propuxo un novo sistema. Eu o que digo é, na medida en que o óbxectivo é facer a residencia, hai que ver que as circunstancias non son as mesmas e o sistema de concesión que propón a Xunta non é en si nin bo nin malo, simplemente depende das condicións. Pero o importante é falar e sobre todo escoitar.

- Que hai que facer agora entón?

- Neste momento, un dos obxectivos prioritarios é sensibilizar tanto a administración pública como a propia UDC, para que sexa unha realidade no menos prazo de tempo posible.

- Urxe construíla, pero, en que tellado está a pelota?

- Non admito distintos tellados. Hai un so tellado, un so bando e debaixo del están a XUnta e a UDC. Neste caso, o que hai que facer é encerrarse, sentarse e falar e non saír da habitación ata que non estea decidida a residencia pública universitaria.

17/4/11

A Universidade esixe de maneira unánime que se adxudique xa a residencia de Elviña

El Ideal Gallego

A Coruña

15/04/2011

M. Pérez > A Coruña


Pódese dicir máis alto, pero non máis claro. A Universidade está farta e non son só xa voces puntuais as que esixen á Xunta que constrúa unha residencia en Elviña, senón a institución o pleno e a todos os niveis estamentarios. Onte tocoulle o turno ao Consello de Goberno, que aprobou por unanimidade un documento no que se insta o Executivo autonómico a que desbloquee "xa" o proceso de adxudicación da obra, paralizado desde hai dous anos. O reitor, José María Barja, recoñeceu que a situación económica é distinta á existente cando se firmou o pacto anterior, co bipartito, pero pediu que "aínda que non se poda facer todo o proxecto agora, se faga canto antes, por partes". A idea é ter un aloxamento dentro do campus "con prezos públicos", para que os estudantes "que máis o necesiten" conten coa posibilidade de acceder a él e deixen de "estar discriminados" con respecto aos seus compañeiros doutros centros galegos e españoles.


Definitivamente e segundo o aprobado onte, a pelota está agora no tellado da administración autonómica. Por iso o escrito solicita que se cumpran os compromisos que ambas instituciónscontraeran e que contemplaban a cesión da residencia para que fose a UDC a encargada de xestionala. A pesar de que esta foi a primeira premisa que puxo o IGVS (o Instituto Galego de Vivenda e Solo), na actualidade existe unha controversia sobre se o manexo do inmoble debería deixarse en mans privadas ou corresponder á Universidade.


Ao mesmo tempo, a postura de Barja continúa sendo de rexeitamento cara a construción da residencia universitaria en réxime de concesión de obra pública. O reitor entende que de facerse así, suporía hipotecar a comunidade universitaria durante cerca de 35 anos, sen ter ningunha garantía da existencia duns prezos públicos idóneos.


No texto recórdase así mesmo que esta infraestrutura corresponde a un servizo público, polo que non debe someterse "en ningún momento" a unha lóxica de lucro mercantil.


Xa no pasado Claustro, celebrado hai algo menos dun mes, tanto os opositores a BArja como os seus defensores - sobre todo alumnos - manifestaron a súa preocupación polo futuro da residencia universitaria e, a instancias dos representantes do estudantado, acordouse elevar a Consello este posicionamento conxunto en defensa da residencia.

12/4/11

O reitor da Universidade propón construír a residencia por fases

La Opinión de A Coruña

12/04/2011

A Coruña

José María Barja critica a Xunta por non avanzar nas obras das instalacións a pesar dos compromisos adquiridos

Redacción / A Coruña

O reitor da Universidade, José María Barja, criticou onte a Xunta polo retraso que acumula a residencia universitaria. A pesar dos compromisos adquiridos polo Goberno autonómico, apuntou Barja, non se produciron avances que avalen a construción destas instalacións. O reitor, durante a inauguración das xornadas de emprego que organiza o centro académico coa colaboración doutros organismos públicos, propuxo que as obras se executen por fases para que se puidesen alternar os traballos cos recortes orzamentarios introducidos pola Xunta.

A construción da residencia, como manifestaron desde a Universidad reiteradamente durante os últimos anos, é un requisito imprescindible para que o centro pase a integrar a lista de campus de excelencia en Europa. Mentres esta infraestrutura non se complete, indican desde o centro, a institución académica local compite en desigualdade co resto de entidades. Ademais, recordan desde a Universidade, o da Coruña é o único dos tres centros galegos que non conta con estas instalacións apesar de experimentar un amplo crecemento non número de alumnos durante os últimos anos.

A dirección da Universidade xa mostrara o seu rexeitamento anteriormente a que o modo de xestión da residencia sexa unha concesión privada a cambio da construción.

28/2/11

A Universidade defende que a futura residencia reducirá o tráfico en Alfonso Molina

La Opinión de A Coruña
27/02/2011
A Coruña
Redacción A Coruña

A Universidade reclama desde hai meses que se axilice a tramitación da futura residencia para estudantes proxectada no campus de Elviña - a obra está pendente da súa adxudicación -. O ente académico defende que coa súa execución se aliviará o tráfico na avenidad de Alfonso Molina.

"A ausencia dunha residencia universitaria provoca un distanciamento entre o campus e os lugares de aloxamento dos estudantes, alugados en pisos en Elviña, Catro Camiños, Os Mallos... Os deficientes accesos peonís e a ausencia de viais para medios alternativos de transporte, como o carril-bici, fan que unha parte importante do alumnado e do profesorado utilice como transporte o vehículo privado", destacou o vicerreitor de Infraestruturas, Xosé Lois Martínez, quen participou coa dirección do Reitorado nun encontro con Markus Brönimann Management, director da universidade suíza de Saint Gallen.

20/2/11

Carril defende que sexa a Universidade a que administre a residencia de Elviña

El Ideal Gallego
17/02/2011
A Coruña



M. Pérez>A Coruña. Non é a primeira vez que Xosé Manuel Carril fala da necesidade que existe na cidade dunha residencia universitaria, pero si é das primeiras que o fai como candidato á alcaldía da Coruña. O que fora hai pouco secretaria xeral da Universidade posicionouse onte a carón da entidade educativa coruñesa e en contra da postura da Xunta, porque, tal e como defendeu "a estrutura debe estar xestionada pola Universidade e non por unha empresa privada".

O IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo) é o ente que se encarga de dar o último retoque ao proxecto desta construcción, que actualmente está á espera de ser licitado. Este mesmo organismo asinou o pasado ano un convenio para que o complexo se levantase en Elviña no que se obrigaba aos responsábeis do campus a xestionalo. Desde un principio, Barja se comprometeu a acatar esta decisión do Goberno autonómico e agora, cando parecía que non existía marcha atrás, a Consellería de Territorio propón que sexa unha empresa privada a que manexe o aloxamento.

Prezos> Carril asegurou onte que o primeiro problema neste supostor serían "os prezos". Se se constrúe unha residencia pública, a idea do candidato nacionalista é que "teña prezos públicos", mais estas cantidades a cobrar aos alumnos nos serían as mesmas "se houbese que amortizar o custo". A construcción, que custaría perto de 24,5 mill. de euros, suporía un grande avance para a entidade educativa, que actualmente é a única de España que non ofrece aos seus matriculados aloxamento gratuíto. Ao mesmo tempo Carril fixo fincapé na importancia da área residencial de San Vicenzo de Elviña, onde quedaría ubicada a nova infraestrutura. O nacionalista apelou o dereito que teñen os veciños a vivir no lugar, polo que solicitou que sexan realoxados alí mesmo: "É compatible a residencia universitaria pública co dereito a vivir na zona" Fixo referencia ademais a que os residentes deben vivir nunhas condicións dignas, que non se están dando hoxe porque a zona se encontra moi degradada. Fronte á degradación dos núcleos, explicou que cómpre levar a cabo actuacións transversais, tales como unha rehabilitación integral e un plan de protección, que afecte o entorno do campus.

A cabeza da lista do Bloque terminou a súa intervención remarcando de novo a inconvenencia da xestión privada. Explicou que "non ten sentido" expropiar aos veciños a súas terras e casas para a construcción dunha área residencial persoal e con ánimo de lucro, en troques dunha área residencial universitaria concibida como un servizo público e xestionada pola propia universidade. Sobre todo debido a que desde un principio, cando comezou o proceso de expropiación, se lle dixo aos afectados que o propósito era levantar no lugar un edificio gratuíto para os estudiantes.

Paralización> Carril estivo acompañado durante a rolda de prensa de onte pola parlamentaria Ana Luísa Bouza, que incidiu en que o proxecto de residencia universitaria pública "foi un dos programas paralizados por Feijóo". A iniciativia tíñaa previsto levar a cabo o Bipartito cando terminou o seu mandado á fronte do Executivo autonómico.

Apuntou ademais que o PP pretende levar a cabo un modelo de xestión "público-persoal", tanto no que se refire á xestión como á construcción. Bouza puxo de manifesto que o BNG non está de acordo con esta fórmula de finanzamento e advertiu de que encarecerá a construcción da residencia. Asegura que o feito de que se prime o beneficio do empresariado por riba da calidade no servizo é "especialmente grave" no ensino.

A parlamentaria, que insistiu en que o reitor, Xosé María Barja, está a favor da xestión pública, aludiu ás iniciativas presentadas polo BNG no Parlamento nas que se insta o Goberno a retomar as conversas coa entidade educativa, co fin de acordar unha xestión pública. Concluíu ademais que "este proxecto de residencia pública será unha fonte de postos de traballo de calidade".

10/2/11

Barja esixe á Xunta que non se escude na crise para manter o déficit financieiro

El Ideal Gallego
10/02/2011
A Coruña

M. Pérez > A Coruña

Parece que a polémica entre a Xunta e a Universidade non vai terminar de momento. Existen dous temas delicados a tratar entre José María Barja e os conselleiros de Educación e Medio Ambiente, Jesús Vázquez e Agustín Hernández, que parece que non se solucionarán ata que se corrixa a financiación ou se constrúa unha residencia.


O reitor volveu á carga onte nunha entrevista concedida a unha emisora de rado local e segurou que o Goberno galego debe "deixar de lamentarse" e mellorar a financiación da entidade educativa. Estas palabras non destacan por se a primeira vez que Barja fai referencia ao asunto, se ben é certo que nesta ocasión foi aínda máis claro que noutras. Volveu dicir que a Xunta non pode limitarse a excusarse na crise económica para manter unha aportación económica que en varias ocasións se calificou como "deficitaria". Por iso pide á consellería que tome a iniciativa e resolva unha situación que discrimina ao campus coruñés con respecto aos outros dous galegos e o manten sendo o que menos diñeiro por alumno recibe de toda España.

Recortes: Esa situación foi destacada en numerosas ocasións, non só por parte do equipo reitoral, senón tamén polo presidente do Consello Social, Antonio Abril quen hai poucos meses lamentou que, un ano máis, continuase o déficit. Recentemente vinculouse o feito de que houbese "duros" recortes económicos coa eficiencia da Universidade da cara ao futuro - os orzamentos afectarían á entidade ata 2015 -, unha cuestión que Barja zanxou na inauguración deste ano académico, asegurando que se seguen adaptando e funcionando a pesar das partidas, en lugar de grazas a elas.

Eso sí, advertiu de que nun futuro non se pode pretender que a adaptación a Bolonia ou a calidade da institución se poida manter se non se aposta de maneira definitiva por ela no aspecto económico. A este respecto referiuse durante as aperturas dos dous últimos cursos, aínda que asegurou que, ao seu modo de ver, esta situación "non se perpetúa", senón que simplemente "continúa".

Pero o campus no só vai á cola con respecto aos estatais en canto ao diñeiro que recibe da administración, tamén é o único do país que non conta cunha residencia pública para os seu alumnos. Segundo o reitor, a cidade "xa esperou suficiente" para contar cun espazo gratuíto onde os mozos poidan aloxarse. A paciencia de Barja agótase e un proxecto que, a pesar do cambio de titularidade no executivo, debía terse iniciado hai case un ano, segue sen solucionarse. A última proposta por parte da consellería vincula a unha empresa privada a xestión da infraestructura, aínda que o acordo firmado anteriormente deixaba claro que estas competencias debía corresponder á Universidade.