La Opinión de A Coruña
20/09/09
A Coruña/ Metro
20/09/09
A Coruña/ Metro
ANA RODRÍGUEZ / A CORUÑA. A universidade coruñesa terá en breve o seu propio plan Busquets. Un plan director para ordenar o territorio universitario e adaptar os seus espazos á nova educación superior europea. O principal asesor do documento será un reputado arquitecto, o maior especialista español na planificación de campus, Pablo Campos Calvo-Sotelo. A pasada semana presentou antes os responsábeis da institución da Coruña os primeiros pasos da redacción do proxecto. Comézase por unha ánalise patolóxica. Xa hai un primeiro diagnóstico: a cidade e a universidade víranse as costas. E máis: non hai residencias públicas, nin espazos de socialización, nin comunicación entre centros...a vida estudantil é escasa e os campus quédanse tristes e sos, absolutamente insulsos, cada vez que chega o mediodía do xoves.
A intención da Universidade da Coruña é que novo plan director -o terceiro que se propón en España tras Alcalá e Cartagena- adapte os seus espazos ao novo modelo que marca Boloña, comezando pola propia estructuración das súas facultades.
"Boloña formula unha relación profesor-alumno máis próxima, e as aulas tradicionais, con 200 ou 300 prazas, xa non valen, valen para clases maxistrais, pero iso non é Boloña", explica o vicerreitor, Xosé Lois Martínez, que avanza algunha das liñas que seguirá o plan director.
Máis información en laopinioncoruna.es

No hay comentarios:
Publicar un comentario