17/11/11

Os cooperativistas urxen acelerar as obras do Ofimático tras o seu desbloqueo



El Ideal Gallego

16/11/11

A Coruña




C.R.>A Coruña


Os cooperativistas, xunto aos expropiados, son os primeiros afectados polo desbloqueo da urbanización do Parque Ofimático. As familias que investiron na construción dun piso que aínda non existe están desexando que comecen a levantarse os edificios, aínda que para iso é necesario que se inicie a urbanización dos predios., algo que poderá acontecer en breve tras o anuncio do luns do Concello. Desde a cooperativa principal do proxecto, Cofuncovi, séntense satisfeitos pola decisión de retomar a urbanización e agora o que solicitan é celeridade nas obras.

“Agora, que empecen e que empecen a bo ritmo para poder comezar a construír o antes posíbel”, declara o portavoz José Ramón Mosquera. Este responsábel admite que o goberno local cumpriu o seu compromiso de levantar a paralización antes do 21 de novembro, pero ao mesmo tempo dubida de que fose necesaria esta actuación. “Non o sei, se cadra non facía falta tela suspendida –a urbanización-, a tramitación podería terse feito sen suspendela”, considera.

En canto á liberación das terras, cre que se lle deu a razón aos cooperativistas, que defendías que se iniciasen os traballos naquelas parcelas non ocupadas. “Hai terras de sobra” afirma o portavoz. De feito, o executivo local decidiu deixar as persoas que viven no polígono permanezan nas súas casas até que a súa estadía impida o avance do proxecto.

Pese a todo, José Ramón Mosquera prefire evitar polémicas e mostrar a súa satisfacción pola noticia de que de forma “inminente”, conforme o anunciou o concelleiro de Urbanismo, poderían entrar as máquinas no Ofimático. O portavoz de Cofuncovi si ten, porén, unha petición para a Xunta, que se lles adxudique canto antes as parcelas. Nunha reunión que mantiveron con responsábeis do goberno galego en xuño, falóuselles dos meses de novembro ou decembro para a entrega de soares, pero se teme que este prazo se dilate dado que aínda non concluíu o proceso de reversión que ten por obxecto devolver as terras aos que no seu día foran expropiados para construír un parque empresarial.

PSOE> Os socialistas son máis duros que os afectados. A portavoz do grupo, Mar Barcón, considera que a paralización respondeu “a un capricho persoal de Negreira” para defender “os intereses da Xunta”, “que gañou tempo para intentar resolver o seu preito cos propietarios orixinais dos terreos do polígono”, denuncia.
O PSOE lembra que 350 familias están agardando a unha vivenda na contorna, que contará con mil pisos de protección. “E un investimento de máis de corenta millóns paralizado, freando a economía da cidade”, critica a edil.

14/11/11

O BNG acusa ao Concello de perder catro meses co Ofimático

La Voz de Galicia

14/11/11

A Coruña



EFE/ A Coruña


O portavoz municipal do BNG na Coruña, Xosé Manuel Carril, asegurou hoxe que a decisión do Concello de levantar a suspensión temporal das obras de urbanización do Parque Ofimático, o novo barrio da cidade «demostra» que non había razóns para paralizalas en xullo.


«O goberno municipal perdeu catro meses no Ofimático», manifestou Carril, para quen tras esta decisión del executivo local se escondía a intención de «facerlle o xogo á Xunta».


“Se agora se poden executar parcialmente as obras sen dispoñer totalmente dos terreos –ao seguir ocupadas as vivendas–, por que non se fixo o mesmo no mes de xullo e se fai agora en campaña electoral?” preguntou Carril.


Ler máis en:

O Concello da Coruña levanta a suspensión temporal das obras do Parque Ofimático

La Voz de Galicia

14/11/11

A Coruña



EFE/A Coruña


O Concello da Coruña anunciou hoxe o levantamento da suspensión temporal das obras de urbanización do Parque Ofimático, o novo barrio da cidade.

En só tres meses tras aprobar a suspensión, realizáronse todas as xestións necesarias que nos permiten reiniciar xa os traballos cumprindo o compromiso municipal de facelo no menor tempo posíbel” remarcou o responsábel municipal de Urbanismo, Martín Fernández Prado.
Esta decisión, apuntou Fernández Prado, permite “dispoñer de forma efectiva dun ámbito coherente e homoxéneo” para comezar as obras na zona de vivendas destinada aos cooperativistas.

“A día de hoxe, aínda non se pode ocupar de forma efectiva a totalidade do solo porque aínda existen vivendas habitadas, pero si podemos ocupar xa unha primeira fase para que comecen as obras, e que coincide co ámbito onde se construirán as vivendas dos cooperativistas, que é o que todos queremos e para o que estamos traballando”, explicou.

“Cómpre lembrar que aínda que non se suspenderan temporalmente as obras, faríamos as mesmas accións que fixemos con elas suspensas, pero así logramos a garantía de que a adxudicataria renunciase ás posíbeis indemnizacións deste período de paralización”, matizou.
Fernández Prado asegurou que este “é un paso máis dun camiño longo”. De feito, os orzamentos do ano vindeiro dedican unha partida de 9,16 millóns de euros para o proxecto de urbanización do Parque Ofimático.


“É unha cifra estimativa, xa que dependerá da axilidade coa que os propietarios dos terreos paguen as cotas de urbanización”, afirmou.


6/11/11

Cooperativistas do Ofimático recalcan que a Xunta debe indemnizar aos expropiados

La Opinión de A Coruña

06/11/11

A Coruña



TANIA SUÁREZ A CORUÑA "Hai un proxecto de reparcelación firme desde maio de 2010. As fincas orixinais non existen, por iso non cabe a reversión", recalca José Ramón Mosquera, portavoz dos cooperativistas do Parque Ofimático. Os particulares que impulsarán as obras de urbanización da zona situada entre Eirís e Matogrande advirten á Xunta de que deberá indemnizar os propietarios das terras aos que expropiou entre 1993 e 1994 para construír un parque de oficinas, xa que recualificou as fincas para construír vivendas.


Fincas no Ofimático. Fran Martínez



O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza condenou ao Executivo galego a devolver os soares aos seus donos e, no caso de non ser posíbel, indemnizalos. O Instituto Galego da Vivenda e Solo ofreceu a algúns dos expropiados os seus antigos soares, ante o que responderon esta semana presentando unha denuncia nos xulgados, xa que consideran que o director do organismo puido incorrer nun delito porque pretende devolverlles unhas fincas que xa vendeu aos cooperativistas.


"Non sei se o que pretenden é gañar tempo. Non considero a posibilidade de que nos deixen sen os nosos terreos porque hai un convenio e teñen unhas obrigas con nós que teñen que cumprir. A estas alturas non ten moito sentido que veñan con ese conto", recalca Mosquera, quen esixe ao Goberno autonómico que deixe os cooperativistas "á marxe" do problema que ten cos expropiados. Oos particulares que pagarán parte das obras demandan que os traballos comecen "canto antes" e avogan porque o Instituto Galego da Vivenda e Solo indemnice os antigos propietarios dos soares,xa que sosteñen que é "imposíbel" que lles devolva as fincas que recualificou.

5/11/11

O xurado de expropiación sobe un 20% o prezo do solo do Ofimático

La Voz de Galicia

03/11/11

A Coruña


Gabriel Lemos


O xurado de expropiación de Galiza xa fixou o prezo definitivo do solo sobre o que se levantará o futuro Parque Ofimático. É que, despois de que a Xunta abrise o proceso de reversión para devolver aos propietarios orixinais os terreos que lles foran expropiados hai vinte anos, en cumprimento dunha sentencia xudicial, estes últimos rexeitaron o prezo fixado polo goberno galego, obrigando a recorrer á taxación do organismo independente.

E a revisión non foi favorábel para os seus intereses. Así, fronte aos 212 euros que reclamaba a Xunta cando abriu o proceso, o xurado de expropiación fixa agora o valor medio dos terreos en 260 euros, aínda que o prezo varía para cada propietario, en función das características de cada predio, baremando factores como a situación dentro do polígono.

O organismo, no que toman parte nas decisións profesionais dos colexios de arquitectos, enxeñeiros, economistas e notarios, empezou a enviar as comunicacións aos propietarios orixinarios, un proceso que se prolongará durante as vindeiras semanas. A partir do momento no que reciban a notificación, os propietarios orixinarios terán un prazo de tres meses para aboar o importe fixado polo xurado de expropiación. En caso contrario, avanza a Xunta, entenderase que renuncian ao dereito de reversión e que os terreos pasan a estar a disposición do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Segundo a última previsión do Goberno galego, os predios estarían libres en xaneiro, momento no que procederían a entregárllelas ás tres cooperativas de vivenda protexida ás que lles foron adxudicadas provisionalmente en marzo de 2009 e ao resto de promotores privados.

En calquera caso, os representantes legais dos propietarios orixinarios dos predios xa amosaron a súa desconformidade co proceso de reversión aberto pola Xunta, tanto no relativo ao prezo como no que respecta á devolución das terras, que ao seu xuízo xa non é posíbel, polo que anunciaron que tomarán medidas legais. En concreto, o bufete que representa a meirande parte dos expropiados advertiu hai uns días que se querelarán contra a Xunta por ofrecerlles terreos xa vendidos.

O debate do Ofimático chegou onte até o Parlamento de Galiza, onde os socialistas denunciaron a paralización das obras mentres os populares que a súa xestión permitiu desbloquear a tramitación do proxecto.

22/10/11

O concello levantará a suspensión das obras do Parque Ofimático o 21 de novembro

La Opinión de A Coruña

22/10/2011

A Coruña


Ángela Fernández /A Coruña


O Goberno local levantará o próximo 21 de novembro a suspensión das obras do Parque Ofimático que decretou a finais de xullo porque alegou, non todos os terreos estaban liberados. Así llelo comunicou a unha vintena de veciños que aínda residen nos soares que forman a futura urbanización nunha carta que lles ordena o desafiuzamento das súas vivendas no prazo dun mes ou de dez días, dependendo de se a casa está ou non.
Debido á decisión de iniciar as obras a finais do próximo mes, expón a misiva asinada polo director de urbanismo, César de Jesús Otero, “resulta necesario proceder ao desaloxo das parcelas e construcións incluídas no sector S-10 Parque Ofimático”.




Veciños de Elviña expropiados polo Ofimático



No caso de que o abandono sexa voluntario, di o documento, os afectados terán que depositar as súas chaves na sede do departamento e, no caso de negativa, o Concello alerta de que “lexitimará a Administración municipal para a execución forzosa do acto, previa a autorización xudicial cando sexa necesario”. É, segundo a lexislación galega no momento de darse o visto bo ao proxecto de reparcelación, que os terreos de cesión obrigatoria, para vías ou espazos libres, pasan a ser propiedade do Concello. Este pretende efectuar o desafiuzamento das casas para que a empresa adxudicataria das obras de urbanización, Acciona, poda comezalas, e responder así ás repetidas esixencias das trescentas familias das cooperativas.

Iso si, na carta, que os veciños recibiron hai unha semana, o responsábel de Urbanismo informa de contra a resolución do Concello cabe recurso de reposición, ante a propia administración local, no prazo dun mes e, en caso de rexeitarse, os afectados poderían presentar recurso contencioso-administrativo, no xulgado, dous meses despois da decisión do Concello. Os residentes que teñen as súas propiedades en Elviña sopesaban onte presentar os recurso para intentar evitar o desaloxo, aínda que, coas cartas recibidas hai poucos días, non tiñan tomada unha decisión. Por agora, o único que denuncian é que o concello os “ningunea” e negan que algún representante municipal se reunise con eles para informalos da situación do polígono urbanístico.

Están “cansos” e “fartos”, e cren que o que fan con le é un “espolio” e un “atraco”. “Acusábanos de soberbios porque non quixemos vender, pero queriamos quedar nas nosas casas”, explica unha das expropiadas, Pilar Santiago, que critica que se rexistraran fincas sen que eles foran avisados, xa que como compensación pola expropiación outorgóuselles terreos na urbanización que lles obrigarán, á marxe do desafiuzamento, a pagar as cotas, como calquera outro propietario de terreo. Esta foi a segunda carta que recibiron os veciños nos últimos días, que indignou máis os veciños. É que o Concello compensa as indemnizacións polas súas propiedades cos pagos para as obras, tendo que aboar máis diñeiro nas próximas datas.

Ante a “incerteza” do que vai acontecer co polígono, piden ao unísono unha reunión con todos os implicados, Concello, Xunta, cooperativistas e reversionistas, ademais deles como expropiados. Por agora conseguiron, tras moita insistencia, que o luns os reciba o concelleiro de Territorio, Martín Fernández Prado, e o portavoz do Goberno local, Julio Flores.
O alcalde, Carlos Negreira, mostrouse onte satisfeito da inversión do Goberno galego de 16,5 millóns de euros para as obras do Parque Ofimático nos orzamentos do ano que vén. “Tumba la oposición que han hecho algunos contra este Gobierno municipal diciendo que bailamos el agua a la Xunta para que no tenga que invertir”, remarcou o rexedor.

18/10/11

A Universidade delega a tramitación das licenzas nas adxudicatarias das obras

La Opinión de A Coruña

A Coruña

18/10/2011



ÁNGELA FERNÁNDEZ A CORUÑA A empresa adxudicataria das obras que incluíron nos aparcamentos da Escola de Arquitectura Técnica e da Facultade de Ciencias unha planta de despachos sen a necesaria autorización do Concello tiña a obriga de pedir a licenza municipal, segundo consta no prego de condicións do proxecto, unha condición que se repite noutros concursos de proxectos que a Universidade executou sen licenza. No documento estipúlase que o contratista debía "xestionar o otorgamento de licenzas, impostos, autorizacións e requerimentos establecidos nas normas e ordenanzas municipais" e especificaba que tería que realizar estes trámites tanto para iniciar, executar ou entregar a obra pedindo á Universidade os documentos que necesitase.

Fontes da institución académica aseguran que é habitual que nas licitacións de obras públicas se estableza esta condición, que evita que os funcionarios teñan que realizar o proceso administrativo de petición de permisos. Eso si, cada entidade, engaden, inclúe esta opción nos seus pregos de condicións dunha maneira distinta, sendo a da Universidade clara nos seus preceptos, nos que tamén inclúe o abono dos gastos que supoñan as licenzas requeridas para desenrolar o proxecto. Ademais, tras a realización deses gastos -que corren a conta da adxudicataria-, engade este documento do concurso público e outros correspondentes a outros proxectos, o contratista debe dar coñecemento "inmediatamente" ao Reitorado "de ter cumplido ditos trámites".




Máis información:



http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2011/10/18/universidad-delega-tramitacion-licencias-adjudicatarias-obras/542545.html